fiestras
Galego Español English

INVESTIGACIÓN /
Obxetivos


O obxecto deste proxecto é deseñar un modelo de desenvolvemento e xestión do litoral galego dende unha visión do valor da talasoterapia. A meta final deste proxecto é incrementar os valores dos recursos mariños e o seu emprego no desenrolo de actividades sostibles que melloren as economías costeiras así como o seu entorno.

Especificamos os intereses buscados atendendo aos distintos actores implicados:


ADMINISTRACIÓN:

- Dentro do ámbito público a aplicación do modelo así como a definición de políticas de desenvolvemento debería servir como eixe claro de desenvolvemento do país, ademais supoñería unha aportación detallada para o plan territorial de ordenación do litoral.
ENTIDADES PRIVADAS:

- O modelo será unha ferramenta clara na orientación para a implantación de instalacións de centros de talasoterapia e actividades afíns, amosando os calores culturais e naturais dun determinado ámbito, as condicións administrativas e os modelos aplicables.
POBOACIÓN DO LITORAL:

- Precisamente o obxecto final deste modelo é asegurar unha economía estable que respecte o medio natural, polo que o principal beneficiario debera ser a propia poboación.